A Feira de Cuspedriños recupera o seu esplendor
Por Redacción & Diego Torrado
San Xurxo de Sacos regresou este domingo para mediados do século XX coa celebración da XIII edición da Feira de Cuspedriños.
Un gran número de veciños e visitantes participaron nunha xornada que rende homenaxe ao antigo mercado que se instalaba no lugar a metade do século pasado e ata a década dos 70.
Ata 50 postos de venda e exposición de artesanía, alimentación, agricultura, cerámica ou coiro, entre outros, lembraron aos mellores momentos do tradicional mercado, todo acompañado cos traxes de época de moitos dos asistentes.
O antigo mercado e a Carballeira centraron as diferentes actividades, incluído un xantar popular que acompañou a unha programación que completaban actividades como a exposición de vehículos antigos, xogos tradicionais infantís, obradoiros de cerámica ou unha pasarela de traxes tradicionais galegos.
Ademais a xornada contou con ambientación teatral e musical. Do primeiro encargouse O Afiador, mentres que a múscia xa pola tarde correu a cargo de O Carro dos Soños e de O Cego dos Monifantes.