Adxudicado o contrato para pavimentar e dotar de servizos a contorna da Pousada de Ribadumia
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou o contrato para a execución da obra de pavimentación e dotación de servizos da contorna da Pousada de Ribadumia.
En concreto trátase de actuacións que se centrarán nas rúas 1 e 4 e na urbanización de Santa Eulalia.
O contrato foi adxudicado á empresa Escavacións e construcións Pérez Portela S.L. por valor de 211.161,95 euros.
Os traballos consistirán na construción das áreas rodadas e peonís dos viais, así como a habilitación de servizos urbanísticos, completando as redes de abastecemento de auga, saneamento, iluminación pública e telefonía.
Ademais executaranse as beirarrúas e a reposición de firmes.
No caso da rúa 4 da urbanización se aoncidionará por completo a rúa ao tratarse dunha vía de nova apertura.
O prazo de execución das obras é de 6 meses a contar desde a comprobación do reformulo.