Protección Civil de Caldas de Reis quere instalar unha antena en Arcos da Condesa
Por Redacción
Protección Civil de Caldas de Reis solicitará a próxima semana á Dirección Xeral de Montes a autorización para establecer en Arcos da Condesa unha estación repetidora de radio.
A caseta que acolla a instalación podería mesmo albergar unha estación meteorolóxica. O pasado mes de marzo a entidade local de Arcos da Condesa cedeu a Protección Civil unha parcela no monte.
Segundo informou o xefe da Agrupación de Protección Civil de Caldas de Reis, José Sieiro, trátase dunha parcela de 100 metros cadrados.
Ademais Sieiro indicou que estará ao dispor da Dirección Xeral de Protección Civil e Retegal organismo que xestionan a rede RESGAL de comunicacións dixitais de emerxencia e que a Agrupacion local ofrécese para albergar un repetidor da rede que mellore as comunicacións en áreas limítrofes.