Carmela Silva visita en Cuntis as obras do saneamento no lugar da Casiña
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado provincial Carlos López Font, ao alcalde en funcións de Cuntis, Manuel Campos, e concelleiros do goberno municipal, visitou este xoves en Cuntis as obras do saneamento no lugar da Casiña, na parroquia de Arcos.
Esta actuación, que conta cun orzamento de 100.000 euros, finánciase ao cen por cen a través do Plan Concellos 2017.
Na súa intervención, Silva puxo en valor ao concello de Cuntis, "é moi importante na provincia, ten moitas posibilidades de desenvolvemento económico ligado á paisaxe e ao patrimonio natural e termal", e engadiu que "en Cuntis fanse proxectos de política social que son unha referencia para toda a provincia" e aproveitou para felicitar ao alcalde en funcións polos resultados das pasadas eleccións.
Pola súa parte, o alcalde de Cuntis subliñou a importancia desta actuación para a parroquia de Arcos "que cambiou o sistema de saneamento no núcleo da Casiña" e agradeceu á Deputación de Pontevedra "porque todo o que se investiu en Cuntis este anos foi gracias á institución que preside Carmela Silva". Nos catro anos de mandato, a Deputación de Pontevedra leva investidos en Cuntis máis de 3,5 millóns de euros en todas as áreas de Goberno.
Máis polo miúdo, a finalidade da obra é dotar dunha nova rede de colectores de augas residuais na Casiña, e a súa conexión co colector principal que remata na depuradora de Piso. Así, a actuación comprende a instalación dun colector principal , que conta con 10 pozos intermedios; outro colector paralelo, con 7 pozos intermedios; e un último colector, tamén con 7 pozos intermedios, para dar servizo ás vivendas situadas ao leste da EP-8403. Amais, a acción tamén comprende a instalación dun pozo de bombeo ao final do tramo.
Na visita tamén se puxo en valor a construción, xa avanzada, da nova senda peonil que discorre ao carón do río da Patela e remata no antigo matadoiro, unha senda de 359 metros, financiada con fondos do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
O obxectivo desta actuación para a recuperación das ribeiras do río e a mellora das condicións ambientais e do seu valor paisaxístico para o uso e desfrute da veciñanza, así como un novo atractivo turístico para o reclamo de visitantes.
Relacionadas:
-
Aprobado un investimento de 43.000 euros para completar a rede de saneamento no lugar da Casiña en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis licita as obras de saneamento en Portela e Ducío
Por Redacción |
-
O Goberno local de Cuntis presenta aos veciños o proxecto de mellora do saneamento na parroquia de Arcos
Por Redacción |