Sanxenxo revoluciona a circulación para facilitar o acceso ao seu centro neurálxico
Por Redacción
Mellorar a circulación no centro de Sanxenxo e facilitar o acceso ao aparcadoiro do porto deportivo, centro neurálxico da actividade hostaleira e comercial do municipio. É o obxectivo da profunda reordenación do tráfico que ultima o Concello e a Policía Local.
Os cambios coincidirán, a finais de mes, coa apertura dos dous carrís da rúa Progreso e a interrupción das obras ata despois do verán.
A rotonda da confluencia coa rúa Castelao estará operativa de forma provisional, mentres que a da confluencia coa avenida de Madrid non se construirá ata setembro. A parada de autobús da rúa Progreso desprázase uns cen metros ata a confluencia coa rúa Carlos Casas.
O principal cambio de dirección que se aplicará afecta o paseo de Silgar. Agora ten sentido de saída dirección Portonovo e, co cambio, pasará a ser de entrada desde o cruzamento con Vidal Rocha ata o porto e de saída desde ese mesmo cruzamento ata a rotonda de Baltar.
O cambio, segundo o Concello, facilitará a entrada ao porto da maioría dos vehículos que chegan a Sanxenxo pola Autovía do Salnés, virando na rúa Progreso para coller Castelao e baixar por Vidal Rocha e Silgar ata o aparcadoiro.
O outro cambio substancial afecta á avenida de Madrid. Ata agora só se utiliza para acceder ao porto e a partir de agora terá sentido saída, entre a confluencia con Silgar e a rúa dos Cesteiros e de entrada entre a confluencia da rúa Progreso e rúa dos Cesteiros
Os cambios de Silgar e a avenida de Madrid inflúen noutras rúas como Vidal Rocha e a rúa Ourense que invertirán as súas direccións actuais. Outras rúas, con todo, non cambiarán como é Luís Rocafort, a rúa dos Cesteiros, Panadeira e Constitución.
Relacionadas:
-
A humanización da rúa Progreso incorpora actuacións que non estaban previstas no proxecto inicial
Por Oskar Viéitez |
-
As obras da Rúa Progreso retomaranse o 9 de setembro
Por Redacción |
-
Os cambios de tráfico no centro de Sanxenxo melloran a movilidade, segundo o Concello
Por Redacción |
-
O cambio de sentido do tráfico no paseo de Silgar entra en vigor o sábado
Por Redacción |
-
A rúa Progreso abre ao tráfico nos seus dous sentidos
Por Redacción |
-
A reforma da rúa Progreso completarase tras o verán coas novas glorietas
Por Redacción |