O PP vota en contra da homologación do título de canteiría da escola de Poio
Por Redacción
O Partido Popular votou en contra dunha iniciativa de En Marea na que pedía a homologación dos títulos da Escola de Canteiros de Poio e que teña un recoñecemento oficial. Sucedeu este venres no Parlamento de Galicia.
A proposición non de lei presentada por En Marea na comisión de Educación e Cultura do Parlamento autonómico pedía "iniciar os trámites para homologar os títulos da Escola de Canteiros de Poio converténdoos en títulos de ciclo medio e superior" así como recoñecer retrospectivamente coa mesma titulación a todos os alumnos que finalizaron a súa formación nos corenta anos de historia da institución.
Javier Diéguez Mosquera, vicepresidente da asociación Canteiros de Poio, sinalou que este voto dos parlamentarios populares "contradi a súa posición" expresada anteriormente nos plenos do Concello de Poio e na Deputación de Pontevedra nos que votaron a favor.
Tamén lembrou o compromiso en 2007 do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, "nunha visita á escola na que fixo a promesa de homologala".
"Como asociación de Canteiros de Poio queremos mostrar noso desagrado, cara a un partido que non representa nin defende aos canteiros que creamos e restauramos o patrimonio galego e internacional", manifestaron desde esta asociación.
Relacionadas:
-
O PP reclamará á Deputación que inste ao Goberno central a homologar os estudos da Escola de Cantería
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O BNG pide cooperación á Xunta e Deputación para salvar a Escola de Cantería
Por Manu Otero |
-
Jacobo Moreira pide á Deputación que "non se poña de perfil" en relación coa Escola de Cantería de Poio
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento a homologación dos estudos da Escola de Cantería
Por Redacción |
-
Os canteiros de Poio ofrecen os seus servizos para a restauración da Catedral de Notre Dame
Por Oskar Viéitez |
-
Enfermería e Cantería piden a voz no pleno provincial
Por Oskar Viéitez |