Exitosa xornada para os Cantos de Taberna
Por Redacción
Os Cantos de Taberna están a albergar un club de fans moi importante que provoca que tanto nos locais por onde realizan a súa xira como nos grupos que participan, teñan unha excelente acollida e consigan efectivamente dinamizar e congregar arredor da súa música e dos seus cantos moitas persoas que os seguen alá onde sexan os seus itinerarios.
A tarde noite do venres varios locais foron escenario do seu repertorio e conseguiu congregar un bo número de persoas que gozaron dunha noite moi agradable.
Organizada polo Concello de Marín e Os Saljariteiros, esta segunda edición de Cantos de Taberna está a reeditar o éxito da primeira convocatoria.
Como sempre as actuacións desenvólvense o segundo venres de cada mes.