Fin de semana sen persoal suficiente nos centros de saúde da Parda, Marín e Caldas
Por Oskar Viéitez
Esta fin de semana volveuse a repetir o problema: os Puntos de Atención Continuada (PAC) da Parda, Marín e Caldas non dispuxeron do persoal mínimo correspondente aos profesionais de medicina e enfermería.
Esta carencia provocou que o pasado sábado o Pac de Caldas de Reis permanecese sen equipo sanitario durante, aproximadamente, unha hora e media, posto que o único persoal dispoñible tivo que trasladar un posible código ictus. Isto afectou ao Pac da Parda xa que tivo que ser derivado un dos médicos de garda para cubrir a baixa de Caldas, o que deixou desatendido o centro pontevedrés.
O domingo foi o Pac de Marín o que, de 10 a 22 horas, atendeu aos pacientes cun médico de menos e tivo dificultades para cubrir a quenda de noite.
Fontes sindicais explicaron que estas incidencias incrementaron o tempo de espera dos pacientes para poder ser atendidos, unha circunstancia que se liquidou "pola responsabilidade dos profesionais sanitarios de garda", e da que responsabilizan "a mala planificación da Xerencia de Pontevedra".
Estas mesmas fontes sinalaron que na maioría dos casos, as ausencias "foran avisadas con anterioridade suficiente".
O persoal dos PACs seguen en folga e os servizos mínimos foron fixados no 100% polo propio Sergas, "a pesar de que sigan sendo as súas xerencias as que se empeñen en incumprilos unha e outra vez".
Relacionadas:
-
Finaliza a folga nos PAC's tras chegar a un acordo entre o persoal e a consellería de Sanidade
Por Redacción |
-
O persoal dos PAC, 200 días en folga cunha xornada maratoniana en Marín e Vilagarcía
Por Redacción |
-
O xerente da área sanitaria afirma que a folga nos PAC non ten "demasiada incidencia"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Monte Porreiro e Barro reclaman garantías de que os seus centros de saúde contarán co servizo de Pediatría
Por Redacción & Nacho Fuentes |
-
A Xunta renovará o material de diagnóstico obsoleto das consultas de atención primaria
Por Oskar Viéitez |