A Asociación contra o cancro sae á rúa para recadar fondos para a investigación
Por Redacción
A Sede Provincial de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) celebra este martes a súa tradicional campaña de peditorio, un día para dar e apoiar ás persoas con cancro, e recibir fondos cos que levar a cabo a misión da AECC. Unha entidade que está á beira das persoas traballando para que poidan previr o cancro, acompañándoas durante todo o proceso da enfermidade, se se diagnostica o cancro, e mellorando o futuro de todos impulsando proxectos de investigación oncolóxica de calidade.
En Pontevedra, a Asociación contra o cancro dedicou os 142.179 euros a investigar o cancro durante o 2018, supoñendo 5.700 euros máis que o ano anterior.
María Josefa Crespo Amigo, presidenta da AECC en Pontevedra, sinalou que "o peditorio non é un só un día para recibir, tamén queremos dar unha mensaxe de esperanza a todas esas persoas que están a sufrir a enfermidade. Non estades sós, estamos ao voso lado. Isto é posible grazas ao compromiso e axuda de toda a sociedade".
A AECC Pontevedra pechou o 2018 con 5.778 atencións por parte do voluntariado en hospitais (Hospital Provincial de Pontevedra, Servizo de Radioterapia do Hospital Meixoeiro e Hospital de día do Álvaro Cunqueiro) e 167 acompañamentos en domicilios.
Outros "número" destacados durante o pasado ano foron: 47 axudas económicas, 179 información e orientación, 127 préstamo de material ortopédico, 50 inserción laboral, 6 usuarios de Programa Vitalia e 54 familias beneficiarias do programa de alimentos (Atención Social), 1.715 intervencións a pacientes e familiares en Atención Psicolóxica; 5 cursos de Deshabituación Tabáquica con 53 participantes ou 509 sesións individuais e 646 sesións grupais no Programa Volver Falar, que se centra na rehabilitación integral de pacientes con cancro de cabeza e pescozo.
Ademais levaron a cabo 5.062 sesións a enfermos avanzados e familiares do equipo de Atención Psicosocial ( EAPS) e as súas mensaxes de prevención alcanzaron a un total de 5.358 persoas.
Este ano, a AECC sairá á rúa con máis de 120 persoas e un total de 18 mesas en horario de mañá e 6 en horario de tarde, distribuídas por toda a cidade. A Audiencia Provincial, Praza da Ferrería, Zona Monumental, Hotel Rías Baixas, Hospital Provincial, Hotel Galicia Palace, Eduardo Pondal e Praza Peregrina serán algúns dos puntos emblemáticos nas que poderás atopar a #FlordeEsperanza e ofrecer o teu apoio a pacientes con cancro e ás súas familias.
Tamén se contará coa colaboración de alumnos do Colexio SEK Atlántico de 4 xogadores do Pontevedra CF e da Brigada Galicia VII (BRILAT).
Relacionadas:
-
Jesús Rey, novo presidente de AJE, entrega un cheque solidario á Asociación contra o Cancro
Por Redacción |
-
O tabaco segue a ser un dos maiores problemas de saúde pública
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Cara a cara: Deixar de fumar mellora o estado de ánimo, probas?
Por Marisa Ciordia |
-
"Contra o cancro de colon, séntate", a campaña da AECC que ensina a realizar no inodoro o test de prevención da enfermidade
Por Olaya Madrigal & Mónica Patxot |