O PP de Poio solicita que o pleno de investidura se celebre na Praza do Mosteiro
Por Redacción
Os populares anuncian que lle pedirán ao alcalde en funcións que o pleno de investidura deste sábado se celebre na Praza do Mosteiro.
O candidato popular, Ángel Moldes, asegura que este pleno está a suscitar moito interese na veciñanza, en colectivos, agrupacións, clubs, entre outros, e o salón de plenos ten o aforo moi reducido.
Moldes cre que "o normal sería que todos os veciños e veciñas que o desexen poidan asistir e ver, de primeira man, que sucederá co seu futuro nos próximos catro anos".
A proposta dos populares é instalar mesas y cadeiras na Praza do Mosteiro para que a veciñanza que teña intención de asistir, o poida facer "con toda tranquilidade y comodidade".
"Quedan cinco días para a celebración deste pleno e estamos a tempo de organizalo con tranquilidade e podendo asegurar que toda a veciñanza que o desexe poida ver como se leva a cabo a votación na que será escollido o vindeiro alcalde de Poio", rematou Moldes.