Investigan unha muller por unha queima que provocou un incendio en Bora
Por Redacción
Case unha hectárea de superficie arborada. É a extensión de monte que arrasou un incendio forestal en Bora. Foi hai uns días, o pasado 3 de xuño, e a Policía Autonómica xa atopou quen foi o seu responsable.
Os policías, en colaboración con axentes forestais do Distrito XIX, tomaron declaración como investigada a unha muller, presunta autora deste incendio.
O lume orixinouse pola neglixencia da investigada, ao escaparlle unha queima de restos forestais. A muller carecía do correspondente permiso, non cumpriu as medidas de seguridade pertinentes e posibilitou que o lume se propagara.
As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución de garda de Pontevedra.
Na actual campaña contra incendios forestais do 2019, un total de 48 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.
Relacionadas:
-
Investigado por provocar un incendio por neglixencia durante o lanzamento de foguetes de artificio
Por Redacción |
-
Proban en Pontevedra drons para localizar incendiarios e detectar lumes nos montes
Por Redacción |
-
Esclarecen un incendio en Moraña provocado por unha queima de restos forestais
Por Oskar Viéitez |
-
Extinguido un incendio forestal en Tomeza
Por Diego Torrado |