O número 2 do PSOE en Sanxenxo renuncia a ser concelleiro por un posto de traballo en Holanda
Por Oskar Viéitez
A executiva do PSdeG-PSOE de Sanxenxo informou da renuncia do acta de concelleiro de Carlos Dadín Domínguez pasando a formar parte da candidatura electa Fernando Otero Montes.
O actual número dous da lista renuncia a súa acta pola imposibilidade de compatibilizar o seu novo posto laboral en Holanda coma profesor de música a partir de setembro, por elo considera que o mellor é non formalizar a acta o vindeiro 15 de xuño para non interferir nas tarefas da labor propia do PSdeG-PSOE.
Igualmente a executiva socialista informou que Carlos Dadín Domínguez seguirá a colaborar como militante do partido en todas as tarefas necesarias, sendo esta unha decisión únicamente tomada por cuestión laborais.