Bolsas de rafia para eliminar as de plástico
Por Redacción
O Concello de Marín xunto coa empresa Recolte procedeu este xoves á repartición de 1.600 bolsas de rafia ecolóxicas reutilizables, co obxectivo de contribuír á eliminación das bolsas de plástico, que tanto dano fan o medio ambiente.
A rafia é un material reutilizable e 100% reciclable. Estas bolsas están fabricadas con fibras téxtiles sintéticas trenzadas de polipropileno. Ofrecen unha gran durabilidade e resistencia do tecido.
A repartición fíxose na entrada do mercadillo e estiveron presentes a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, acompañadas doutros concelleiros e persoal de Recolte.
A iniciativa trata de concienciar sobre a necesidade de non usar bolsas de plástico e fomentar a reciclaxe.