Xa está aquí Rilla na Rúa, a feira foodtruck á beira do Lérez
Por Mónica Patxot & Redacción
A gastronomía e a diversión ao aire libre se congregan en Rilla na Rúa, unha oferta culinaria que se desenvolve desde este xoves ata o domingo nos terreos da antiga fábrica de Tafisa, á beira do río Lérez.
Ao redor dunha docena de foodtrucks van realizarse distintas actividades durante catro días con concertos de artistas locais, xogos infantís ou un Vintage Market. Todas as propostas teñen unha aposta polo produto galego de calidade.
O horario, a partir deste venres, comezará ás 12.00 horas ata as 16.00 e desde as 19.00 ata as 02.00 horas coa idea de ofrecer múltiples opcións de lecer para os visitantes.
Rilla na Rúa xa se levou a cabo con éxito noutros puntos de Galicia como Santiago, A Coruña, Ourense ou Cangas. Trátase dun evento organizado entre Elemental Chefs e a concellería de Parques e Xardíns.