Así será o novo goberno municipal de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Quedarvos coas súas caras, cos seus nomes e, especialmente, coas súas novas responsabilidades de goberno. Os quince edís do bipartito BNG-PSOE en Pontevedra xa coñecen cales serán as súas competencias durante o próximos catro anos.
Tras a firma do acordo de goberno, nacionalistas e socialistas decidiron quen xestionará cada unha das áreas que se repartiron. A intención, segundo trasladan desde o Concello, é aprobar esta organización despois do pleno de investidura deste sábado.
O BNG manterá áreas crave como Infraestruturas, Mobilidade e Obras, Urbanismo, Facenda, Cultura, Festas, Réxime Interior ou Seguridade Cidadá e cede ao PSOE Benestar Social, Promoción económica e Turismo, Deportes, Educación ou Medio Ambiente.
Anabel Gulías será a nova portavoz do goberno, substituíndo a Raimundo González.
A Xunta de Goberno estará constituída por nove concelleiros. Aparte do alcalde e do tenente alcalde, estará composta por seis edís do BNG e un do PSOE.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou que este novo goberno está enmarcado nun "novo ciclo" dentro dunha transformación da cidade que será unha "base firme" para ter un "salto adiante" en Pontevedra.
Asegurou que a mellora da calidade de vida, o equilibrio territorial urbano e cidades ou a mellora das infraestruturas para acadar un bo desenvolvemento económico serán algúns dos piares dese "goberno forte" acordado co PSOE.
"Estamos nun tempo novo no que acabaron as cidades industriais e temos que facer cidades actuais, un Concello no que a creatividade, as novas tecnoloxías, a innovación e o medio ambiente sexa fundamental para seguir avanzando", engadiu Fernández Lores.
Pola súa banda, Tino Fernández afirma estar "moi satisfeito" ante o reparto de áreas e funcións acadado no pacto de goberno asinado co BNG.
Segundo subliña, as competencias que os concelleiros socialistas xestionarán permitiranlle ao seu partido "liderar" as loitas pola igualdade, os dereitos sociais e o medio ambiente, así como cumprir con boa parte dos compromisos programáticos adquiridos coa cidadanía "e que son irrenunciables".
Esta é a composición do novo goberno municipal.
- Anabel Gulías
- Eva Vilaverde
- Demetrio Gómez
- César Mosquera
- Carme da Silva
- Raimundo González
- Carmen Fouces
- Alberto Oubiña
- Pilar Comesaña
- Xaquín Moreda
- Agustín Fernández
- Gloria Blanco
- Iván Puentes
- Paloma Castro
Portavoz do goberno.
Promoción da cidade: proxección exterior da cidade e do concello. Grandes eventos deportivos. Réxime Interior: organización da administración e canles de relación coa cidadanía. Contratación: impulso e xestión dos expedientes de contratación. Xestión dos fondos EDUSI.
Sostemento dos espazos públicos urbanos: actuacións de sostemento e reparación da sinalización horizontal e vertical, mobiliario urbano, iluminación, pavimentos (agás obras completas de reposición), instalacións de empresas subministradoras. Protección Cidadá: Policía, Bombeiros, Protección Civil. Ocupación de espazos públicos.
Obras urbanas: proxectos de urbanización e reurbanización. Coordinación de actuacións urbanas. Estacionamentos: Xestión dos estacionamentos en réxime de concesión. Ordenación do estacionamento en vías públicas. Transporte Público: taxis, autobuses e transporte á demanda.
Ordenación do territorio: instrumentos de ordenación do territorio. Infraestruturas: infraestruturas de comunicación e dotacións tanto propias como de outras administracións. Ordenación Xeral da Mobilidade
Portavoz do grupo municipal do BNG
Patrimonio municipal: xestión do patrimonio municipal, actualización de inventarios. Festas: programación e xestión de actividades lúdicas e festivas. Coordinación das actividades municipais coas organizadas por asociacións e outras administracións en materia de cultura e festas. Xestión do ciclo da auga.
Economía e Facenda: Orzamentos e gasto público, ingresos, autorización e disposición de gastos, ordenación de pagos. Residuos: xestión da recollida e tratamento dos residuos municipais, recollida selectiva, novo contrato. Obras derivadas do contrato da auga. Parroquias de Canicouva e Ponte Sampaio
Persoal: Xestión en materia de persoal municipal. Cultura: Promoción e xestión da cultura, xestión do Pazo da Cultura e do Teatro Principal e de outros equipamentos culturais. Cemiterios
Xuventude. Normalización lingüística e cultural. Promoción do uso das novas tecnoloxías. Parques forestais. Fontes e praias do rural. Coordinación do rural. Parroquias de Bora, Mourente, Marcón, Tomeza, Salcedo e Lourizán
Parroquias de Campañó, Alba, Cerponzóns, Lérez, Verducido, Santa María de Xeve e Santo André de Xeve
Urbanismo: Planeamento xeral e as súas modificacións, licenzas de obras, de actividade, de parcelación e primeira ocupación. Disciplina urbanística. Actuacións en materia de vivenda: ARI's de Estribela e centro histórico. Patrimonio histórico, cultural e etnográfico.
Portavoz do grupo municipal do PSOE
Educación, Deportes, Actividade Física e Saúde: Xestión das competencias municipais en Educación en todos os niveis obrigatorios e post-obrigatorios. Xestión de programas e actividades nos centros educativos. Promoción da actividade física e do deporte. Fomento da actividade deportiva. Xestión das instalacións deportivas municipais. Novas instalacións. Eventos deportivos ata o ámbito galego
Promoción económica, Turismo e Universidade: Fomento da actividade económica. Comercio e incentivación das actividades empresariais. Políticas de Emprego. Promoción do turismo. Mercados fixos e ambulantes. Matadoiro. Relacións coa Universidade
Desenvolvemento sostible e medio natural: Posta en valor das zonas naturais asociadas cos cursos de auga dos ríos e ría do concello. Actuacións en praias urbanas e terreos de dominio público marítimo terrestre. Divulgación e educación ambiental. Disciplina Ambiental. Xestión dos parques infantís e interxeneracionais de ocio e das zonas verdes e xardíns no ámbito urbano. Novos parques e espazos de ocio
Benestar e Igualdade: Benestar Social, Servizos Sociais. Atención ás drogodependencias. Fomento da igualdade. Canceira e animais abandonados
Relacionadas:
-
"Novo ciclo" no goberno municipal: "Estamos contentos de comezar a traballar"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra elixe, por sexta vez, a Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP ve un "matrimonio de conveniencia" no pacto entre BNG e PSOE
Por Redacción |
-
BNG e PSOE rubrican un pacto de goberno baseado na "lealdade" e no "respecto mutuo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O pacto de goberno, encamiñado: BNG e PSOE ven "base suficiente" para o acordo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O BNG negociará co PSOE un goberno en coalición
Por Alejandro Espiño |