Cerdedo agarda un milleiro de asistentes ao seu tradicional San Xoán
Por Redacción
Cerdedo-Cotobade está a traballar intensamente nestes días para ultimar todos os detalles organizativos da festa de San Xoán de Cerdedo, que se celebrará na noite do domingo 23 de xuño e que, como é habitual, prevé contar cunha asistencia multitudinaria por parte da veciñanza e de moitos visitantes.
En principio, agárdase a presenza un milleiro de persoas, que é a cifra máxima de prazas habilitada polo Concello.
As persoas interesadas en participar deben mercar os seus tiques para a cea, que teñen un prezo de 5 euros, nas oficinas municipais de Cerdedo ou Carballedo ata o vindeiro martes 18.
Os cativos menores de 12 anos poderán cear gratuitamente e que, en caso de que queden prazas libres despois desa data, seguiranse expedindo tiques nos días posteriores.
A mítica festa, que comezará ás 21.30 horas, ofrecerá un menú a base das tradicionais sardiñas asadas, churrasco, pan e viño. Posteriormente, e xa a partires da medianoite, procederase á tradicional queima do meigallo e a gozar da animación musical coa discoteca móbil On By Chito.
O Concello está ultimando os preparativos na contorna da praia fluvial, que é onde terá lugar, coma sempre, esta festa tradicional para que o espazo estea en perfectas condicións.
Ademais, por terceiro ano consecutivo, colocaranse mesas e bancos, que era unha das principais peticións dos veciños.