Detido un veciño de Ponte Caldelas cun revólver ilegal, dúas placas da Garda Civil e un táser
Por Redacción
A Garda Civil detivo un veciño de Ponte Caldelas acusado dun delito de tenencia ilícita de armas ao ser interceptado nun control de estrada cunha arma corta de lume, unha pistola eléctrica e dúas placas identificativas da Garda Civil.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, a detención produciuse a madrugada deste venres no transcurso dun punto de verificación de vehículos establecido na glorieta da estrada PO-255 (Ponte Caldelas-Petán), coa PO-244 (Ponte Caldelas-Soutomaior), no termo municipal de Ponte Caldelas.
Ao inspeccionar un dos vehículos interceptados, a patrulla localizou un prioritario policial portátil de cor azul escondido debaixo do tapizado do maleteiro.
Esta anómala circunstancia propiciou que se efectuase un rexistro máis exhaustivo do vehículo e no seu interior localizouse un bolso que contiña un arma de fogo, de fabricación artesanal, tipo revolver sen marca, nin numeración, que estaba municionada con cinco cartuchos do calibre 22, así como unha carteira senllas placas identificativas da Garda Civil e de Tráfico, ademais dun táser (pistola eléctrica) de uso prohibido para os particulares.
O detido, un veciño de Ponte Caldelas, de 42 anos, con antecedentes policiais por contrabando de tabaco, foi posto a onte ao dispor do xulgado de instrución de garda de Pontevedra, que decretou a súa liberdade provisoria con cargos.