A primeira fase de obras da rúa Concepción Arenal estará rematada en setembro
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, supervisou este venres as obras de humanización da rúa Concepción Arenal, cuxa primeira fase se atopa xa ao 30% da súa execución, o que permitirá que estea finalizada en setembro.
Vázquez Mourelle indicou que, unha vez finalizadas estas actuacións, o Concello de Marín acometerá as obras da segunda fase, que xa foron licitadas en marzo e se están a avaliar as ofertas.
A conselleira lembrou que o proxecto está enmarcado nun convenio entre a Xunta e o Concello que posibilitará a realización dunha actuación integral que suporá un investimento de 1,6 millóns de euros, do que o 80% é achegado polo goberno galego.
Ethel Vázquez destacou que este é un exemplo da "suma de esforzos entre administracións" para "gañar espazo para as persoas" e achegar unha vía "máis cómoda, segura e humana".
Finalmente a conselleira precisou que o Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto de utilidade pública da senda Coirados-Pardavila para licitar as obras este ano e este venres o DOG xa publica o inicio da información pública da continuación desta senda, entre Pardavila e Cadro.
Tamén se está supervisando o proxecto da senda entre Bagüín e Seixo e xa están avanzadas as obras da que une Vilaseca e Lapamán, que estará á disposición dos veciños e dos turistas en setembro.
Relacionadas:
-
Adxudicada a segunda fase das obras de humanización de Concepción Arenal
Por Redacción |
-
A primeira fase das obras da rúa Concepción Arenal entran na recta final
Por Redacción |
-
O Concello de Marín prioriza o arranxo da Rúa do Tombo
Por Almu Dapena |
-
Á rúa Concepción Arenal está a crecerlle un "lombo"
Por Redacción |
-
Empezan as obras en Cantodarea
Por Redacción |