O colexio de Cuntis musealiza elementos etnográficos
Por Redacción
O colexio de Cuntis Aurelio Marcelino inauguraba este venres un museo etnográfico no que traballaron os escolares do centro durante o curso solicitando información sobre diferentes pezas. Ao longo desta semana, os estudantes presentarán ás persoas que visiten esta mostra as conclusións destes traballos de investigación.
Para levar a cabo esta exposición reformouse a biblioteca do centro coa idea de que se manteña aberto durante os próximos cursos e se poida ampliar a colección.
A biblioteca permanece aberta os mércores e xoves en horario de tarde para que as persoas interesadas achéguense a ver materiais tan curiosos como antigas máquinas de escribir, utensilios agrícolas, chaves, as primeiras cámaras fotográficas e tamén un diapasón que era empregado polo otorrino para detectar a xordeira.
A idea de organizar este museo parte dun veterano profesor deste centro educativo, segundo explicaba Marta Álvarez, actual directora do colexio. Ese profesor foi recompilando obxectos tanto doutros mestres como doados polos pais.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, acudía a este acto e puido comprobar o traballo de investigación e oratoria realizado polos escolares.