O rei emérito volve pasear por Sanxenxo
Por Redacción
O rei emérito Juan Carlos I, que se mantén retirado da vida pública desde principios deste mes de xuño, visitou durante esta fin de semana Sanxenxo, un dos puntos aos que adoita acudir para participar en competicións de vela.
Desta forma, o monarca visitou as instalacións do Real Club Náutico, momento que aproveitou o alcalde de Sanxenxo Telmo Martín para saudalo. Acompañando ao rexedor atopábanse diferentes representantes da corporación municipal, entre os que se atopaba Ainhoa Fervenza, do PSOE e Jesús Sueiro, de SAL.
Juan Carlos I realizou unha foto cos representantes políticos nas instalacións portuarias.
Relacionadas:
-
Reclaman que Sanxenxo retire o nome de "Juan Carlos I" ao porto deportivo
Por Alejandro Espiño |
-
Os Reis eméritos, por primeira vez xuntos en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Juan Carlos I e a infanta Elena presiden unha cea benéfica contra o cancro en Sanxenxo
Por Redacción |
-
VIDEO.- O rei emérito gaña co "Bribon Movistar" o seu terceiro título en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |