O BNG demanda á Xunta que libere os terreos de dominio público que ocupa na Xunqueira de Alba
Por Redacción
O deputado do BNG Luís Bará rexistrou diversas iniciativas parlamentarias para que a consellaría de Medio Ambiente dea exemplo e colabore coas demais administracións co obxectivo de conseguir a plena recuperación para uso público dos 171.000 cadrados que ocupan as concesións de Costas.
Bará denuncia que a parcela ocupada pola consellaría de Medio Ambiente presenta un aspecto lamentable con maleza, residuos, vehículos e maquinaria abandonada.
O grupo parlamentario do BNG rexistrou este martes varias iniciativas parlamentarias, en forma de proposición non de lei e preguntas, para demandarlle á consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que renuncie á ampliación do prazo da concesión dos terreos de dominio público marítimo terrestre na Xunqueira de Alba e inicie os trámites para o traslado a outro emprazamento das dependencias que actualmente ten nesta zona.
A iniciativa do deputado nacionalista Luís Bará tamén propón que a Xunta se dirixa á Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar do Ministerio de Transición Ecolóxica para demandar que se poñan en marcha os trámites para a caducidade das concesións, incluindo os terreos e dependencias da propia administración xeral do Estado.
Por último, o BNG insta ao goberno galego a colaborar coas demais administracións (Deputación, Concello e Goberno central) para a plena recuperación para uso público dos terreos da Xunqueira de Alba que actualmente están ocupados por instalacións e edificacións da Xunta, Deputación (parque de maquinaria e imprenta provincial) e administración central (Dirección Xeral de Tráfico).
Relacionadas:
-
O BNG cualifica de "okupa" á Xunta polas súas instalacións nos terreos da Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
O BNG aposta por crear un gran parque urbano natural na Xunqueira da Gándara
Por Redacción |
-
O río Gafos obtén a súa declaración como espazo natural de interese local
Por Alejandro Espiño |
-
O parque de maquinaria marchará ao polígono de Barro: "A decisión está tomada"
Por Alejandro Espiño |