Aprazada a exhibición da Brilat e a Garda Civil en Ponte Caldelas polo mal tempo
Por Redacción
A exhibición da Brilat e a Garda Civil, prevista para este mércores día 19 en Ponte Caldelas queda aprazada por mor do mal tempo.
A data definitiva para os actos, cos que se ía celebrar o 210 aniversario da batalla contra os franceses librada ás beiras do río Verdugo, anunciaranse oportunamente.
Aínda así, a Brilat estará en Ponte Caldelas os días 19 e 20 e fará noite no Pavillón dos Deportes para realizar unha andaina de adestramento polas beiras do Verdugo ata Ponte Sampaio.