Medio millón de euros para a mellora e ampliación do campo de fútbol de Moraña
Por Redacción
O campo de fútbol de Mirallos, en Moraña, e toda a súa contorna serán remodeladas por completo. A obra farase realidade grazas a o convenio a tres bandas asinado esta mañá pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro Arcos.
O acordo liberará un orzamento de 500.000 euros que abonará a administración autonómica para executar a reforma da instalación deportiva e a mellora dos seus accesos desde a súa contorna.
Ademais de beneficiar ao Moraña CF, que xoga os seus partidos como local neste campo, as melloras da infraestrutura redundaran tamén nos veciños do concello e mesmo tamén para o resto da contorna, xa que Mirallos alberga numerosos eventos deportivos a nivel provincial.
Con esta intervención, "dotarase ao campo dun novo espazo de bancadas con capacidade para 300 espectadores, vestiarios remodelados e modernos, un bar-cafetaría con vistas ao terreo de xogo e unha sala de ximnasio", explicou a conselleira. Así mesmo, dado o carácter integral da obra, tamén está previsto actuar na contorna do campo de fútbol, habilitando un circuíto de footing en todo o perímetro, cun novo sistema de rego e uns accesos mellorados.
Este non é o primeiro proxecto no que colabora a consellería co Concello de Moraña. Xa no ano 2016 este departamento destinou preto de 270.000 euros á reparación da cuberta do antigo mercado municipal, intervención que permitiu otorgar novos usos culturais ao inmoble.
A remodelación integral do campo de fútbol enmárcanse dentro do chamado Plan Hurbe, un programa baixo o que xa se realizaron 200 intervencións en 125 concellos de toda Galicia e que engloba tamén a mellora do mercado municipal..
Relacionadas:
-
Moraña modernizará as instalacións do campo de herba natural de Mirallos
Por Redacción |
-
O circuíto pump-track de Moraña, pendente do asfaltado para o seu remate
Por Redacción |
-
Xuño chega a Moraña con obras de humanización en Chan de Amil, Rebón e Outeiro
Por Redacción |
-
A Xunta remodelará o campo de fútbol de Mirallos
Por Redacción |
-
O campo de Mirallos amosará unha nova imaxe á vindeira semana
Por Almu Dapena |
-
O campo de fútbol de Moraña ampliarase cun ximnasio e unha cafetería
Por Redacción |