A Policía Autonómica identifica unha muller por roubar en tendas da zona comercial
Por Natalia Puga
Unha patrulla da unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, coñecida como Policía Autonómica, identificou este mércores a unha muller que foi sorprendida roubando en tendas da zona comercial de Pontevedra.
Os feitos ocorreron sobre as 11.50 horas deste mércores. Segundo confirmaron fontes da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, a patrulla da Policía Autonómica foi requirida polo aviso dunha muller que estaba a roubar en comercios e procedeu á súa identificación.
As fontes consultadas non concretaron cantos furtos ou roubos se atribúen á muller, pero testemuñas presenciais indicaron que a muller actuou en varias tendas da rúa Benito Corbal. A Policía Autonómica identificouna no tramo peonil desta mesma rúa.
Os axentes procederon á identificación da muller, pero non á súa detención.