'La que has liado gatito'
Por Oskar Viéitez
A sorte dun pequeno gato atrapado na ponte da autoestrada tivo pendente durante toda a mañá deste mércores a un grupo de veciños do barrio de Mollavao así como a traballadores e usuarios da Casa do Mar.
O felino maullaba asustado ao ser incapaz de resolver a situación na que se metera: a varios metros de altura e cercado polo perigoso tráfico da AP-9.
Varias persoas alertaron ao 112 ante este situación, chamando tamén aos Bombeiros de Pontevedra, á Policía Local, ao Servizo de Mantemento de Estradas así como a outros corpos de seguridade. A falta dunha resposta positiva provocou o enfado e a indignación destas persoas que decidiron improvisar o seu propio operativo de rescate.
Así, sobre as dúas da tarde, uns mozos accederon en coche á autoestrada e puideron recoller ao gatiño. Ante a posibilidade de que o animal puidese saltar, un grupo de persoas estendeu unha saba para tentar amortecer a súa caída. A operación de rescate completouse con éxito.