A Policía Nacional vixía 37 casos de violencia de xénero en Marín
Por Redacción
O Concello de Marín acaba de facer públicos os datos do informe de seguimento da Subdelegacion de Goberno para a violencia de xénero no que figuran 37 casos activos. En toda a provincia hai 1.083 expedientes activos, polo que os 37 do municipio marinense representan o 4,6%. Só un caso ten considerado un nivel de risco medio, mentres que os 36 restantes están catalogados como baixo (13) e non apreciado (23).
Unha trintena de mulleres dispoñen de orde de protección no municipio marinense e só o 6,45 % das vítimas teñen nacionalidade estranxeira, mentres que o 16,13 % dos agresores son orixinarios doutros países.
Para velar pola seguridade destas vítimas, a comisaría de Policía Nacional de Marín dispón de cinco axentes integrados na Unidade de Atención á Familia e Muller ( UFAM) e non só prestan atenden os casos de Marín. No veciño municipio de Bueu teñen abertos 13 casos, aínda que ningún deles revista aparentemente risco para as vítimas.
Na toma de posesión do novo comisario, que tivo lugar esta mañá, Esteban Pinilla Claro anunciou que se van a incorporar 10 novos axentes á comisaría, cinco deles en prácticas, polo que "se vai a poder prestar un servizo como se merecen as mulleres menores", declarou o novo comisario.
016 é o teléfono gratuito de atención ás víctimas de violencia de xénero.