A Brilat, de marcha por Ponte Caldelas
Por Redacción
Un pelotón da Brilat está de manobras en Ponte Caldelas, a onde chegou este mércores á noite para pernoitar no Pavillón de Deportes. Alí foron recibidos polo alcalde, Andrés Díaz, quen saudou ao tenente coronel Vicente González Martín, ao resto de mandos e á tropa.
O pelotón saíu esta xoves ás 8.30 horas para unha marcha a pé polas beiras do río Verdugo ata Ponte Sampaio, percorrendo así os escenarios naturais nos que hai 210 anos produciuse a batalla contra as tropas de Napoleón. Ao remate retornarán á base.
A Brilat, xunto coa Garda Civil, ofrecerá en Ponte Caldelas unha exhibición de material, con simulacro de actuación nunha crisis terrorista, en datas aínda por determinar. Esta exhibición, que estaba prevista para o mércores, foi aprazada polas circunstancias meteorolóxicas.
Relacionadas:
-
O alcalde de Ponte Caldelas recibe o Premio Caballero Azor de mans do xeneral xefe da Brilat
Por Redacción |
-
Aprazada a exhibición da Brilat e a Garda Civil en Ponte Caldelas polo mal tempo
Por Redacción |
-
A Brilat e a Garda Civil ensaiarán un ataque terrorista con bomba química en Ponte Caldelas
Por Redacción |