Pontevedra, preparada para tres meses de festa "intensiva"
Por Alejandro Espiño
Ata o próximo 7 de setembro, data prevista para a vixésima Feira Franca, apenas haberá un día de descanso en Pontevedra para os 'festeiros'. Xa están aquí as Festas de Verán que, como todos os anos, chega cunha programación "intensísima", segundo explicou a concelleira de Festas, Carme da Silva.
Con esta programación, o Concello tentou que "todo o mundo atope algo que sexa do seu gusto", destacou Da Silva. Haberá meses, engadiu, con ata medio centenar de actividades, polo que a edil recomendou, entre risas, que os pontevedreses se tomen estes dous meses "con moita enerxía".
Máis aló das Festas da Peregrina (9-19 de agosto), que mereceron un capítulo aparte, ou o Surfing the Lérez, que marcará este sábado o inicio das Festas de Verán, a actividade festiva comezará co ciclo de Música de Bandas, que entre xullo e agosto ofrecerá seis concertos da Banda de Música de Pontevedra e da Banda de Música de Salcedo.
O II Festival de Música de Cámara (8-10 de xullo) traerá a Pontevedra ao Cuarteto Arroute e a Rhea Quartet e unha das novidades será o ciclo infantil de teatro, música e maxia (8-12 de xullo) na Praza do Teucro, no que participarán as compañías Fantoches Baj, Ghazafelhos, Rilo & Penadique, o músico Magín Blanco e o mago Dani García.
As seguintes citas festivas serán a romaría popular de San Bieito de Lérez (11 de xullo), o Memorial Ricardo Portela (12-13 de xullo), que na súa vixésima edición homenaxeará a Constante Modera Vázquez; ou o festival Animatrón (15-18 de xullo), que encherá o parque das Palmeiras con actividades de animación, pallasos, inchables e obradoiros.
Paseantes (19-20 de xullo) levará a rúas e prazas da cidade a música da Bestia Turca, Aghrou, Aparato, Bottonbeat, The Swinging Flamingos, Carla Green & The Demons, Blues do País, Vudú, Patricia Moon e The Teta's Van. Este ciclo terá unha substitución de luxo coa edición número 27 do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra (23-28 de xullo).
As Festas do Santiaguiño do Burgo (24-27 de xullo), que manteñen o seu formato tradicional; o Festixeve (27-28 de xullo), e a música de Son da Serea (29-30 de xullo), que traerá ao Teucro ás bandas Liberade ao Kraken, Jacobo Sainz, Cubo Metálico, Flava Bowl, Anecoid, Ashes of Eden e Anadhor, tamén se suman ao programa festivo.
Ribeira Sacra, Manxadoira, Black Stones, a Banda de Música de Pontevedra e Airiños do Mar de Teis será a oferta das xornadas musicais de San Roque (29 de xullo-2 de agosto), que pecharán xullo xunto ao décimo festival Itineranta (31 de xullo-2 de agosto), que contará con máis grupos que nunca animando as rúas e prazas do centro histórico.
Agosto comezará co ciclo Cinema na Lúa (5-8 de agosto), que proxectará catro películas na Pedreira; e co Aquí Cántase (9 de agosto), con cantos tabernarios pola cidade. A elas sumaranse a Feira do Mel (10-18 de agosto), a Festa do Demo (23 de agosto) ou o programa Ponte Coqueta (26 de agosto-1 de setembro).
As Festas de Verán poñerán o broche de ouro coa vixésima edición da Feira Franca, que como avanzou Carme da Silva, será "especial" e terá novidades relacionadas con actividades no río Lérez.
O programa completo das Festas de Verán, que estará na rúa desde o vindeiro luns, pódese consultar nesta ligazón.
Relacionadas:
-
RADIO.- A Playlist de... Mekánika Rolling Band: eles "pecan" de bo rolo
Por Marisa Ciordia |
-
Furius Monkey House xoga na casa e golea
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A voz de Ana Belén dálle 'Vida' á praza de España
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Manuel Jabois, o pregoeiro que conseguiu "facer de Pontevedra a medida de todas as cousas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Aquí cántase e vaise de festa: chega a Peregrina 2019
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- A playlist de... Fondo Norte: Listos para unha velada na que non lles faltará Tequila
Por Marisa Ciordia |
-
Itineranta celebra o seu décimo aniversario cos dez mellores espectáculos da súa historia
Por Manu Otero |
-
As atraccións do Santiaguiño, sen música unha hora ao día para facilitar a inclusión de menores con autismo
Por Redacción |
-
Festixeve enche a carballeira de Vilar do Fragoso de xogos, música, empanada e polbo
Por Manu Otero |
-
Exame ás atraccións das festas de Santiaguiño do Burgo
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Patricia Moon, dispara sempre alto
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
A Feira Franca prepárase para un novo 'cheo total' en xantares e ceas
Por Redacción |
-
O jazz e o blues serán a banda sonora da cidade entre o 23 e o 28 de xullo
Por Manu Otero |
-
Animatrón énchese de actividades para escolares
Por Redacción |
-
De luns a xoves, as tardes viviranse con música e animación co Animatrón do parque das Palmeiras
Por Redacción |
-
O Memorial Ricardo Portela, un acto de xustiza con Constante Moreda e todos os represaliados do Franquismo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Memorial Ricardo Portela homenaxeará ao gaiteiro vigués Constante Moreda Vázquez
Por Alejandro Espiño |
-
Jabois promete humor e sátira no seu pregón das festas
Por Manu Otero |
-
As festas do verán xa están aquí: 'Sons na Rúa' abre dous meses de festa Non Stop
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A música de cámara máis actual desembarca en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
RADIO.- Pandereteiras de Verducido, tres mozas pontevedresas con moita faísca
Por Marisa Ciordia |
-
O Serán de Tralla será a primeira cita das bandas locais coas Festas de Verán
Por Oskar Viéitez |
-
Judith Hill, José James, Joey De Francesco e Gabriel Peso, estrelas do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Alejandro Espiño |
-
Manuel Jabois será o pregoeiro das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
As 'Peregrinas' completan cartel con Ana Belén, Lola Índigo, Tequila ou Furious Monkey House
Por Alejandro Espiño |
-
Rozalén, Beret e Iván Ferreiro actuarán nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |