Denunciado por levar un can de raza potencialmente perigosa sen bozo, chip, seguro nin licenza
Por Natalia Puga
O pontevedrés que o pasado luns paseaba ao can de raza potencialmente perigosa que atacou a outro can de menor tamaño na Alameda enfróntase a catro sanciones por infraccións cometidas en relación con este animal. A Policía Local de Pontevedra formalizou catro denuncias por levalo sen bozo nin microchip e por carecer de licenza e seguro.
Fontes oficiais da Policía Local confirmaron que estas catro propostas de sanción xa lle foron notificadas a este pontevedrés, que non é o propietario do can en cuestión, pero si a persoa responsable das infraccións porque saíu á rúa con el a pesar de que non reunía as condicións legais para a súa tenencia.
A Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, que leva en vigor un ano, inclúe sancións cuantiosas para os propietarios ou posuidores de animais que cometan infraccións como as catro detectadas neste caso.
O can que o luns atacou a un can palleiro na Alameda é da raza American Stafforshire Terrier, incluída tanto nesta lei como no Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos, como raza potencialmente perigosa.
En virtude da nova normativa autonómica, estes animais deben ter licenza municipal e obrigación de inscrición no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos e deben levar bozo homologada e adecuada para a súa raza e correa para circular nas vías públicas. Ambas as cuestións incumpríaas o home que paseaba a este American Staffor o luns. Ademais, están obrigados a ter un seguro de responsabilidade civil e a ter ao can identificdo con microchip.
As sancións que xa foron tramitadas pola Policía Local contra a persoa que paseaba a este can son consideradas graves ou moi graves na nova lei autonómica, o que implica que serán sancionadas con multas de 501 a 5.000 euros e de 5.001 a 30.000 euros. En total, calcúlase que deberá abonar máis de 6.000 euros.
Os feitos ocorreron sobre as 13.00 horas do luns. Ambos os cans cruzáronse no medio da Alameda e o de raza American Staffodshire Terrier, mordeu a cabeza ao outro. A pesar da propietaria do animal atacado tentou separarlos, resistíase a soltalo e foi necesario que varias persoas que estaban na zona interviñesen para separalos.
Unha de cidadás que interveu foi a concelleira socialista Paloma Castro, que, curiosamente, no actual goberno local de Pontevedra asume a responsabilidade de Benestar Animal.
Relacionadas:
-
Un pitbull con boceira e sen correa ataca outro can e a súa dona
Por Natalia Puga |
-
Acaba en urxencias tras o ataque dun dóberman solto e sen boceira en Barcelos
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- Podcans: Por que ataca un can?
Por Redacción |
-
Un can de raza potencialmente perigosa sen bozo nin correa ataca outro can na Alameda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada