Flores polos cen anos de Avelina en Cuntis
Por Redacción
O alcalde e a tenente de alcalde de Cuntis, Manuel Campos e Conchy Campos, visitaron este xoves a unha nova centenaria do municipio, Avelina Pazos Hervés.
A muller, veciña da rúa Convento, chegou aos cen anos chea de vitalidade e pode presumir de conservar aínda ás súas dúas irmás.
En tan sinalada data, recibiu un ramo de flores e a felicitación do goberno local. A continuación, celebrouno acompañada pola súa familia.