O cárcere da Lama implanta un sistema de comunicación para persoas con dificultades sensoriais
Por Redacción
O centro penitenciario da Lama adopta un sistema que mellorará a calidade de vida dos internos xordos e con dificultades sensoriais. Trátase da aplicación SVisual que facilitará a comunicación destas persoas cos traballadores penais, letrados ou amigos, mediante unha conexión de audio e vídeo en tempo real a través dun vídeo-intérprete.
Para facer uso desta ferramenta, a persoa privada de liberdade, teña discapacidade auditiva, do fala, ou ambas, debe solicitar o uso da aplicación. Logo contactan co servizo de vídeo-interpretación SVisual chamando a través dun computador fixo cunha web cam, en horario continuo de 24 horas, incluídos fins de semana e festivos.
A aplicación SVIsual, que a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CSNE) puxo ao dispor de Institucións Penitenciarias de forma gratuíta, garante a confidencialidade do servizo e a total privacidade das chamadas. Os postos de vídeo-interpretación están deseñados para preservar a intimidade dos usuarios e o contido das súas conversacións.
A posta en marcha, que dentro dun mes estendeuse a todos os centros penais e centros de inserción social da Administración Xeral do Estado, pretende a integración total do penado ou penada na vida normal do centro, favorecer a súa autonomía persoal e a súa participación en todas as actividades e programas de tratamento. La aplicación estará operativa también en las prisiones de Pereiro de Aguiar y Teixeiro.