O Concello de Marín pon en marcha unha rolda de asfaltado no rural
Por Redacción
'Zafarrancho' de obras no rural marinense. O Concello pon en marcha unha decena de proxectos de asfaltado e acondicionamento de camiños en diferentes parroquias. O paquete de traballos foi adxudicado á empresa Marconsa e o orzamento total do plan ascende a 157.320 euros.
Os dez camiños nos que se vai a actuar están en Regueiras, Barronca, subida ao Pereiro, Sobreiras, Bouza, Gaibas, Pereiriña, Macende e en dous viais de Cadrelo. A intervención limitarase á renovación do pavimento existente, así como á limpeza de cunetas e bordos de camiños. Ademais en Sobreiras teñen previsto construír cunetas de formigón para canalizar a auga da choiva.
Os concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos González son os encargados de coordinar as obras e desde o Concello xa traballan nun proxecto anual e a longo prazo para ir renovando os camiños que se atopen en peor estado.