A ELA pon verdes á Deputación e o Concello
Por Oskar Viéitez
A Deputación e o Concello de Pontevedra uníronse aos actos do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que se conmemorou este venres, e iluminaron de verde o Pazo Provincial e a Casa Consistorial.
Desde xeito as institucións provincial e local pretenden darlle visibilidade a esta enfermidade coa intención de que a sociedade comprenda a que se teñen que enfrontar tanto as persoas que padecen esta enfermidade como os seus familiares.
A campaña chámase #LuzporlaELA e está promovida en Galicia pola Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA).
A ELA é unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular. Orixínase cando algunhas células do sistema nervioso denominadas motoneuronas, diminúen o seu funcionamento e morren, provocando unha parálise muscular progresiva. A enfermidade afecta, especialmente, a persoas de idades comprendidas entre os 40 e 70 anos, máis frecuentemente en varóns e entre os 60 e 69 anos. Cada ano se producen uns 2 casos cada 100.000 habitantes.