O Concello contrata unha empresa de Puente Genil para a iluminación do vindeiro Nadal
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns a adxudicación á empresa Porgesa S.A, de Puente Genil (Córdoba), a iluminación das Festas da Peregrina 2019 e 2020, así como do Nadal 2019 e das festas de Entroido 2020.
Segundo informou en rolda de prensa a portavoz do goberno local, Anabel Gulías, o orzamento de licitación era de 215.000 euros e a empresa gañadora fixo unha oferta de 200.255 euros.
Dado que se tratou dunha licitación en tres lotes, as contías ofertadas pola empresa para as distintas iluminacións foron: Nadal do 2019: 107.085 euros, Entroido do 2020: 18.755 euros e Peregrina 2019 e 2020: 74.415 euros.
As melloras que ofertou a empresa para cada un dos lotes foron 10 arcos transversais máis e 10 motivos de farois máis.
Os criterios de valoración foron a aplicación das novas tecnoloxías, o criterio de sustentabilidade e o estético.