Un fungo deixa sen ramas unha das palmeiras de Villa Pilar
Por Oskar Viéitez
Un fungo deixou sen ramas a unha das palmeiras de Villa Pilar, un emblemático edificio de comezos do século XX situado en pleno centro urbano, entre o parque das Palmeiras e a rúa Riestra.
A ramas amontoábanse esta mañá no xardín interior rompendo coa habitual imaxe deste edificio.
Curiosamente esta palmeira, xunto ao resto de exemplares que se atopan neste xardín, recibiron tratamentos para evitar a presenza do escaravello picudo vermello, unha praga terrible que ten a capacidade de devorar as palmeiras en pouco tempo.