Un coche esnaquiza varios contedores en Cuntis e dáse á fuga
Por Redacción
Un coche levou por diante varios contedores na N-640 ao seu paso polo centro de Cuntis. O suceso produciuse ao redor das 14 horas, cando un particular alertou a Protección Civil de que un turismo chocara contra varios colectores de lixo. Cando o persoal de emerxencias chegou ao lugar dos feitos descubriron que o único vehículo que estaba alí estacionado non era o causante, senón un dos damnificados.
As primeiras investigacións apuntan a que outro vehículo, ao realizar manobras de aparcamento, golpeou con forza os contedores ata desprazalos máis de seis metros e impactar contra outro coche e danar seriamente os propios depósitos.
En total, víronse afectados dous contedores de recollida de papel e dous de materia orgánica.
Desde o Concello cifran os danos en 2.200 euros. Lamentan ademais que os contedores de cartón instaláronse recentemente o pasado mes de maio. O goberno local chama á colaboración cidadá para poder identificar o autor dos feitos, por iso pide a calquera persoa que teña algún dato o achegue á Policía Local ou á Garda Civil.