Os chiringuitos 'de praia', no punto de mira da Xunta
Por Alejandro Espiño
Cada vez é máis difícil atopar unha praia en Galicia, especialmente naquelas zonas máis turísticas, onde non haxa chiringuito. Esta tradición, importada da cultura mediterránea, calou con forza na nosa comunidade e, ás veces, non sempre situados da mellor maneira. Por iso é polo que a Xunta púxoos na súa punta de mira.
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este luns en Sanxenxo que o seu executivo " non está en contra" dos chiringuitos nas costas de Galicia, pero advertiu que o decreto que os regula foi modificado para establecer de maneira clara de que forma poden funcionar e que non terán permitido facer.
Un primeiro paso foi a aprobación o pasado mes de abril do catálogo de praias de Galicia que clasificaba o milleiro de praias galegas en función das súas características.
Así, nas praias considerabas naturais, os chiringuitos deben ser desmontables, temporais e máis pequenos. Só se autorizan entre maio e outubro e se teñen unha superficie máxima de 70 metros cadrados -só 20 deles de instalación pechada-.
Ao mesmo tempo, tamén se define a necesidade de manter unha distancia mínima entre dous chiringuitos, uns 300 metros cadrados, e no seu conxunto terán unha ocupación inferior ao 10% da superficie da praia en marea alta.
Os areais urbanos, pola súa banda, poderán ter instalacións fixas e temporais. Para estas últimas, mantense a mesma superficie que nas praias naturais, coa diferenza que a distancia entre as mesmas será duns 100 metros cadrados e deberán ter unha ocupación inferior ao 50% da superficie da praia en marea alta.
En canto ás instalacións fixas, terán unha superficie de 200 metros cadrados, dos que 150 poderán ser pechados e os restantes serán para terraza pechada e desmontable. Poderán engadirse 70 metros cadrados de ocupación aberta e desmontable, así como unha zona de aseo que non supere os 30 metros cadrados de uso público e gratuíto.
A distancia mínima entre dúas instalacións deste tipo será de 150 metros cadrados.
O obxectivo desta normativa, segundo Núñez Feijóo, é homologar este tipo de establecementos hostaleiros, de forma que teñan unhas dimensións adecuadas, uns servizos determinados ou unha barreira vexetal que permita que "non destrocen a praia" e que lles permita formar parte da paisaxe da costa galega.