De Virxe do Camiño ata Santiago, 64 quilómetros e medio
Por Redacción
64,5 quilómetros separan a rúa Virxe do Camiño de Santiago de Compostela, o punto e final do Camiño Portugués. E por iso esa cifra terá, a partir de agora, un protagonismo especial neste ámbito urbano.
O Concello vén de instalar esta numeración a modo de morrón para evitar o tránsito de vehículos e para servir de referencia aos peregrinos que percorren o Camiño Portugués.
Nos vindeiros días tamén se porá un indicativo na zona para explicar ás persoas que pasen polo lugar e, especialmente, aos peregrinos a que se debe esa numeración.
Estas pezas substituirán aos actuais morróns cilíndricos colocados a petición veciñal para evitar o excesivo tránsito de vehículos pola rúa recentemente renovada.