O incendio nun solar abandonado en Marín causa unha intensa fumareda
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Os veciños de Marín viron este martes pola tarde con gran preocupación unha negra fumareda, pero con todo a alarma non foi para tanto. As lapas procedían do material de entullo almacenado nunha nave.
O solar afectado atópase detrás do Templo Novo camiño do cemiterio. Esta instalación está a ser utilizada de maneira habitual por "okupas".
Curiosamente, a esa mesma hora, pasadas as sete da tarde os veciños de Ponte Caldelas sufocaron un incendio nun galpón.
Non foron os únicos sustos que se viviron este martes pola tarde. En Pontevedra os Bombeiros tiveron que intervir en dous pequenos incendios rexistrados nun galpón da parroquia de Campañó e nunha vivenda da rúa Manuel do Palacio da cidade.
En Campañó ardeu un catro eléctrico, mentres que en Manuel do Palacio foi un cubo de lixo.