Os alumnos do Toural de Vilaboa gravan unha curta sobre o acoso escolar con Touriñán e David Amor
Por Redacción
Os alumnos do CPI Toural de Vilaboa acaban de gravar unha curtametraxe cos actores Xosé Touriñán, David Amor, Cristina Maró e Pablo Puyol co obxectivo de concienciar á sociedade sobre un dos problemas máis graves dos colexios que afecta a toda a sociedade: o bullying ou acoso escolar.
A actividade está enmarcada no Plan Director impulsado pola Comandancia da Garda Civil de Pontevedra cuxo obxectivo é dar a coñecer, combater e erradicar esta secuela das aulas.
A peza estase a gravar no propio centro educativo e en localizacións próximas e motivou a implicación de toda a comunidade educativa. Non só os alumnos son protagonistas da historia, os profesores tamén teñen un papel importante. A gravación, edición e produción deste importante contido audiovisual corre a cargo da produtora La Sombra Studios e Besando al Sapo, con Fabian Figueroa como director.
A gravación desta película supón un complemento ideal ás charlas que os axentes da Garda Civil realizan de forma constante nos centros educativos da provincia de Pontevedra y que están a servir para concienciar máis a adolescentes, profesores e pais para combater e evitar este problema cada vez máis común.
Ademais da Garda Civil e a comunidade educativa, participaron no proxecto o Concello de Vilaboa, a Deputación de Pontevedra, a empresa WOFCO e a Asociación Somos Pontecaldelas.
Relacionadas:
-
Alumnado do Toural de Vilaboa protagoniza un vídeo sobre acoso que chegará a colexios de toda España
Por María José Pita |
-
RADIO.- 'Atopando o Camiño' co CEIP Parada-Campañó
Por Marisa Ciordia |
-
Carlos Blanco e Touriñán, a pola terceira representación de 'Unha noite de praia' en Vilagarcía
Por Redacción |
-
As charlas do Plan Director da Garda Civil chegaron este curso a máis de 21.000 persoas
Por Redacción |
-
Lección de igualdade do alumnado do colexio Toural de Vilaboa
Por Redacción |
-
Toda a comunidade educativa de Campo Lameiro envórcase contra a violencia de xénero e o acoso escolar
Por Redacción |
-
O alumnado do CEIP de Cabanas en Salcedo xa sabe como enfrontarse aos perigos da internet
Por Redacción |
-
O CPI Toural, condecorado pola AECID por crear "mellores persoas para o mundo"
Por Redacción |