Unha festa infantil inaugurará oficialmente o parque da Panadeira
Por Redacción
Aínda que leva preto dun mes aberto ao público, o novo parque infantil da Panadeira vivirá o vindeiro domingo 30 de xuño a súa inauguración oficial.
Unha vez concluídos os pequenos remates pendentes, o Concello programou unha festa para dar por inaugurada oficialmente a instalación.
Celebrarase a partir das 12:00 horas, con espectáculo circense incluído.
O parque da Panadeira sufriu unha reforma integral na que se investiron 457.836 euros, sendo destacable a súa ampliación ata os 700 metros cadrados de superficie.
Ademais, sinala o goberno local, acometeuse a peonalización da contorna e incrementouse o número de árbores na zona.