Rescatados un pai e o seu fillo tras quedar illados nunha zona rochosa mentres pescaban
Por Oskar Viéitez
Un home e o seu fillo foron rescatados por unha embarcación da Garda Civil ao quedar illados nunha zona de rochas, no lugar del Cabo Udra, en Beluso.
Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 11:15 horas deste venres, a Policía Local de Bueu solicitaba axuda para rescatar a un home e a un neno que estaban pescando na zona de Udra e que non podía saír a terra.
Decontado alertouse a Salvamento Marítimo que mobilizou unha embarcación, e tamén deuse aviso ao Servizo de GardaCostas de Galicia. Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, por se fose precisa a súa intervención.
Finalmente, os dous, pai e fillo, foron rescatados por unha embarcación da Garda Civil, que os trasladou ata o Peirao de Bueu. Os dous se atopaban en bo estado e non precisaron asistencia sanitaria.
Relacionadas:
-
Localizan en Ons á deriva a zodiac do incidente de Foxos
Por Redacción |
-
Rescatan un mergullador en apertos nunha zona de rocas da praia de Foxos
Por Natalia Puga |
-
Rescatan os dous tripulantes dun pesqueiro que encallou nunhas rocas na Ría de Arousa
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Dúas rapazas, rescatadas nunha zona acantilada da praia de Pragueira
Por Redacción |