O Gorgullón xa deixa ver a súa nova iluminación
Por Redacción
O primeiro tramo da rúa Gorgullón ten practicamente rematada a súa transformación. A falta do mobiliario público, a colocación da nova iluminación deixa ver cal será o aspecto definitivo deste espazo urbano, un dos treitos do Camiño Portugués pola cidade.
A rúa leva tres tipos de iluminación distinta no seu trazado. Instalaranse 32 unidades de columna de 7 metros de alto cunha luminaria LED de 70 vatios. O corpo da columna está fabricado en aceiro de carbono e protexido contra a corrosión coa galvanización en quente.
A empresa Setga é a que está a instalar as luminarias. Son as mesmas que a empresa pontevedresa colocou no porto de Rotterdam, en Amsterdam, en Harlem e nas estacións de ferrocarril de Holanda.
A iluminación do Camiño completarase coa instalación de seis balizas na rúa do Muíño, no seu entronque coa senda do Gafos, e doce na parte superior da rúa, semellantes ás da rúa Virxe do Camiño. Son as mesmas que se instalarán na praza que se creará fronte á estación de Vialia.
Relacionadas:
-
Puntos LED de cor azul iluminarán o Camiño Portugués polo Gorgullón
Por Redacción |
-
O asfaltado da Rúa da Estación obriga a cortes de tráfico durante dous días
Por Redacción |
-
A reforma do Gorgullón "vai moi ben", segundo o Concello, e estará terminada en outubro
Por Alejandro Espiño |
-
O asfaltado da rotonda de Uxío Novoneyra obriga a pechar martes e mércores Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
Veciños do Gorgullón pedirán ao concelleiro Demetrio Gómez detalles sobre a reforma da praza fronte a Vialia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comeza a instalación do enlousado do Camiño de Santiago no Gorgullón
Por Redacción |