A Deputación renovará a fachada e a cuberta do auditorio Príncipe Felipe
Por Redacción
O Centro Príncipe Felipe prepárase para un cambio de imaxe. A delegada en funcións do centro, Eva Vilaverde, anunciou esta mañá o proxecto para renovar a fachada e a cuberta do auditorio do complexo, no que tamén se levarán a cabo outras actuacións de menor calado.
A deputada aproveitou a súa visita para despedirse do persoal do centro no que exerceu durante catro anos como responsable política. "Cumpríronse vos obxectivos marcados", resumiu Vilaverde nun discurso ante os traballadores do centro aos que agradeceu a súa entrega e colaboración.
Nos meses de verán, a Deputación ten previsto acometer a impermeabilización da cuberta do patio do centro e a escola infantil, así como de substituír o pavimento da cociña xeral. Ademais atópase xa en fase de contratación o proxecto de substitución das carpinterías e a reforma das fachadas do centro de Educación Especial e a substitución de tubaxes en varios edificios.
Agradecida e orgullosa polo traballo realizado neste mandato, Vilaverde destacou que o orzamento destinado a Príncipe Felipe roldou os 45 millóns de euros, dos que unha importante parte dedicouse a novos investimentos e infraestruturas, como o novo acceso que contribuíu a mellorar a seguridade viaria.
"O traballo feito foi intenso e estou satisfeita pola modernización que se ten conseguido, polo que animo a continuar nesta liña", rematou.
Relacionadas:
-
260.000 euros para reparar a cuberta e a fachada do auditorio do Centro Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Máis dun millón de euros para reformar o Príncipe Felipe, á espera dun traspaso á Xunta
Por Anxo Lourido & Redacción |
-
A Deputación repara as fachadas do Centro Agarimo e do Centro de Educación Especial en Príncipe Felipe
Por Redacción |