A reforma de San Martiño e Alvar Páez interesa a dezasete empresas
Por Redacción
Un total de dezasete empresas presentaron a súa oferta para executar as obras de reforma urbana en dúas zonas situadas na traseira de Santa María, nas rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. Ambas actuacións son, segundo recorda o goberno municipal, con cargo á area de rehabilitación integral (ARI) do centro histórico.
Os traballos teñen un prazo de execución de cinco meses e as ofertas oscilan entre os 145.201 e os 180.900 euros.
As empresas licitadoras son Innova profesional Desarrollos S.L., ACEVI, Rocas Graníticas del Condado, Desmaco, Nexia Infraestruturas, Oresa, EC Casas, Construcciones Vale, Civis Global, Construcciones Fechi, COVSA, Construcciones y Proyectos Abilleira, Edigrup Global, Elsamex, Movimientos de áridos y construcciones de Arosa, Narom e Planificación, desarrollo y gestión de construccione.
A intervención prevista no tramo final e entronque do Eirado Alvar Páez e San Martiño seguirá a estética da primeira fase, con chapacuña nos laterais da rúa e a pedra habitual da zona vella no espazo central.
Polo que respecta á rúa San Martiño, a intervención inclúe ademais do pavimentado en pedra, a renovación dos servizos e da iluminación.
Logo dunha pequena actuación na Enfesta de San Telmo co fin de garantir a accesibilidade nunha vivenda, da rehabilitación do primeiro tramo de Alvar Páez e das rúas Tristán de Montenegro e Pratería Vella, quedará completada a renovación da traseira do Campiño.