A xustiza desestima a demanda polos cambios no SAF de Sanxenxo
Por Redacción
O xulgado do social número 3 de Pontevedra desestimou a demanda que presentaran as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Sanxenxo, co apoio o sindicato Comisións Obreiras. O fallo confirma, por tanto, a legalidade dos cambios postos en marcha neste servizo polo goberno municipal.
O comité de empresa solicitaba a nulidade ou a declaración de non axustados a dereito os cambios nas condicións de traballo do persoal do SAF e, con esta sentenza, a xustiza absolve ao Concello das pretensións exercitadas na súa contra.
A sentenza sinala que o Concello convocou todas as reunións para informar e negociar sobre os cambios para introducir cos representantes das traballadoras a pesar das reiteradas negativas destes últimos para chegar a un acordo.
Os cambios foron tres: un sistema de fichaxe á entrada e saída do servizo con chamada a un número gratuíto, a fixación de gardas localizadas nos días libres por se se produce a baixa imprevista dunha compañeira e que a ausencia dun usuario por hospitalización ou falecemento implica que esas horas non traballadas pasan a unha bolsa de traballo a favor da empresa, salvo que esa ausencia prodúzase en metade da xornada.
Antes de introducir eses cambios, lembra o Concello, incrementouse o complemento de destino dos 16,37 euros ao mes que cobraba cada traballadora aos 137,57 euros polas catorce pagas; e comprobou que había 181 horas ao mes sen cubrir, por tanto, familias en lista de espera que non estaban a recibir a prestación que solicitaran.
O goberno destaca que con estas melloras actualmente préstanse 2.286 horas de servizo a 66 familias, eliminado por completo a lista de espera.