Cuntis contratará oito personas para tarefas de prevención de incendios forestais
Por Redacción
O Concello de Cuntis subscribiu un novo convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais. O total da axuda recibida ascenderá a 44.141,62 euros.
O goberno municipal seleccionará nas próximas semanas o persoal que integrará as brigadas de loita contra os incendios forestais.
Contratarase unha brigada de catro peóns e un capataz forestal e tres condutores de camión motobomba, que empezarán a desenvolver estes traballos preventivos a partir do 1 de agosto.
O Concello realizará labores de prevención con brigada nunha superficie de 10 hectáreas e, ademais, este ano asumirá os traballos mecanizados noutras 20 hectáreas.
O convenio prevé tamén que o camión motobomba estea operativo as 24 horas durante tres meses, algo que xa ocorre habitualmente co servizo de emerxencias municipal, que se verá reforzado con estes traballadores.
O alcalde Manuel Campos considera "moi positivo" o mantemento deste servizo, non só para Cuntis senón tamén para os municipios da súa área, xa que Medio Rural poderá requirir a súa colaboración en incendios que se produzan noutros concellos.
Relacionadas:
-
Cuntis repetirá experiencia de ter unha brigada de loita contra os incendios e busca 8 traballadores
Por Redacción |
-
Cuntis inicia unha campaña para eliminar árbores pirófitas das marxes da N-640
Por Redacción |
-
Sufocan un incendio forestal no monte Xesteiras de Cuntis
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Un incendio de madrugada arrasa 3,5 hectáreas e ameaza unha hípica en Cuntis
Por Redacción |