Unha muller resulta ferida tras envorcar co seu vehículo en Sanxenxo
Por Redacción
Aparatoso accidente de circulación o sufrido este mércores por unha muller en Sanxenxo, concretamente na zona de Miraflores.
O suceso produciuse na contorna das 21:00 horas, cando por circunstancias que non se aclararon o coche que conducía impactou con outro vehículo aparcado para terminar envorcando na calzada, segundo apuntas fontes municipais.
Debido ao choque e á posición na que quedou o turismo, a muller que conducía quedou atrapada e foi necesaria a intervención do servizo municipal de emerxencias e do consorcio provincial de bombeiros para liberala.
Unha vez fose do coche, a condutora foi atendida por profesionais do Urxencias Médicas e trasladada a un centro hospitalario.