Espazo Lecer para conciliar vida familiar e laboral en Barro
Por Redacción
As vacacións escolares xa están en marcha e os campamentos de verán tamén. No Concello de Barro, co obxectivo de facilitar a concicliación da vida familiar e laboral das familias, retoman o Espazo Lecer no que participarán 90 menores durante o mes de xullo e 60, en agosto.
O elevado nivel de participación confirma a boa acollida que está a ter este programa entre a poboación de Barro. As actividades da ludoteca estarán enfocadas a traballos e xogos para concienciar sobre igualdade de xénero e prevención da violencia.
O Concello desenvolve esta iniciativa con fondos do departamento de Igualdade da Deputación de Pontevedra que complementa con fondos propios. O prezo de matrícula por neno e mes é de 30 euros, aínda que para aquelas familias que inscriben a dous irmáns a cota redúcese ata os 20 euros