A Festa do Carneiro quenta motores cun concurso de pinchos
Por Redacción
A Festa do Carneiro ao Espeto celebra este ano o seu medio século de historia e desde o Concello teñen planificado un programa moi especial. Para abrir boca á cita gastronómica máis importante da comarca, Moraña quenta motores coa oitava edición do concurso “Espétalle un Petisco”, consistente na degustación, o 13 de xullo, con catro establecementos da hostalería do municipio.
Os catro restaurantes que competirán pola vitoria son Casa Varela, Asador Ou Xavique, A Adega e Café Bar Vi- Sport. Os clientes poderán degustar pequenas creacións culinarias relacionadas co carneiro entre as 21 horas e a medianoite. As preparacións serán avaliadas por un xurado e o establecemento gañador levará diversos premios.
A alcaldesa de Moraña, Luísa Piñeiro, agradeceu a participación destes establecementos para seguir promocionando a festa. Este ano a cita gastronómica terá lugar entre o 26 e o 28 de xullo.
Relacionadas:
-
3.500 persoas xuntaranse en Moraña para participar na Festa do Carneiro ao Espeto
Por Redacción |
-
Moraña abre 19 días de actividades para conmemorar o medio século da Festa do Carneiro
Por Redacción |
-
Os 50 anos da Festa do Carneiro ao Espeto xa teñen carteis de promoción
Por Redacción |
-
Moraña promociona o 50 aniversario da Festa do Carneiro ao Espeto
Por Redacción |